Tuesday 14 de May de 2024

Novo corte de tráfico a noite do xoves ao venres na avenida Che Guevara


Para continuar coas obras de mellora das redes de auga e saneamento previas ao asfaltado da avenida Ernesto Che Guevara, será preciso efectuar un novo corte nocturno nun dos carrís de circulación, á altura do rego de Bastiagueiro. Será a noite do xoves ao venres, de 23:00 a 7:00 horas. O tráfico será desviado polo carril contrario, que pasará a ser de dobre sentido alternativo de circulación, quedando regulado mediante semáforos.

O horario podería sufrir lixeiras variacións en función do ritmo de avance dos traballos.